Actividades: Tema 3

 1. Que teoría quería demostrar experimentalmente Stanley Miller? 

• Que a teoría da xeración espontánea é válida. 

• Que a teoría da xeración espontánea NON é válida. 

• Que a teoría de Oparín e Haldane era correcta. 👈

• Que a teoría creacionista era correcta.

2. No seu experimento de Stanley Miller utilizou gases como o metano o amoníaco e o hidróxeno para…:

 • Simular descargas eléctricas. 

• Non utilizou gases, semon líquidos 

• Para simular a atmosfera actual. 

• Para simular a atmosfera primitiva.👈

3. No lamarckismo una das seguintes afirmacións NON é correcta: 

• As especies non son inmutables 

• As especies cambian debido a fenómenos catastróficos. 👈

• A función crea o órgano. 

• Os órganos ou caracteres adquiridos durante a vida hérdanse.

4. A gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación: 

• Dificulta loita pola supervivencia. 

• É o resultado da evolución. 

• É o que permite que actúe a selección natural.👈 

• É o resultado do uso ou desuso dos órganos.

5. Cando aparecen resistencias aos antibióticos en bacterias é debido: 

• A que as bacterias adáptanse ao medio. 

• A aparición de mutacións. 👈

• A que a función crea o órgano 

• A que a selección natural non sempre actúa.

6. Un dos seguintes NON é axente principal do neodarwinismo: 

• A selección natural 

• A variabilidade xenética 

• A unidade evolutiva é o individuo. 👈

• A evolución prodúcese gradualmente

7. Na teoría neutralista o nome fai referencia a que: 

• O azar non intervén na evolución. 

• A maioría das mutacións non interveñen na selección natural. 👈

• Que a evolución é gradual. 

• Que a evolución non é gradual, senon a saltos.

8. Na teoría do equlibrio puntuado o nome fai referencia a que: 

• O azar non intervén na evolución. 

• A maioría das mutacións non interveñen na selección natural. 

• Que a evolución é gradual.

• Que a evolución non é gradual, senon a saltos. 👈

9. Os órganos que teñen una estrutura interna semellante pero están adptados a realizar función diferentes se denominan: 

• Análogos 

• Homólogos 👈

• Homólogos ou análogos.

• Vestixiais

10. Cal é a secuencia temporal correcta: 

• Homo habilis → Homo erectus → Autralopithecus afarensis → Homo antecessor 

• Homo habilis → Homo antecessor → Homo erectus → Autralopithecus afarensis

• Autralopithecus afarensis → Homo habilis → Homo erectus → Homo antecessor 👈

• Autralopithecus afarensis → Homo antecessor → Homo erectus → Homo habilis 

11. Nunha especie de caracois terrestres hai dúas variedades, unha coa cucha de cor clara e outra coa cuncha listada de bandas escuras. Explica como pode influír este carácter na probabilidade de supervivencia de cada variedade e que papel xoga a selección natural.

Depende do medio no que vivan e no cor da cuncha para camuflarse 

12. Razoa cun “Sí” ou un “Non” en función de se consideras correctas ou incorrectas as seguintes frases: 

• As migracións e as mutacións considéranse forzas evolutivas. Si

• É máis frecuente que se dea a macroevolución que a microevolución. Non, son microevolutivos

• A especiación son os pequenos cambios que orixinan novas especies Non, son grandes cambios

• Os caracteres cos que nace un individuo permanecen inalterables ata a súa morte. Non, poden evolucionar 

13. Busca información en Internet sobre a importancia do bipedismo na evolución humana e responde as seguintes preguntas:.

 a)O bipedismo xurdiu na sabana africana; estás de acordo con esta afirmación?. Xustifica a resposta

Si, porque fixeron o esforzo de mirar de frente e tamén liberaron as mans.

b) Observando o mapa de dispersión do Homo sapiens por todo o mundo, indica en que continente o ser humano con maior probabilidade presentará unha maior diversidade xenética

O continente máis lexos do inicial vai a ser menor a diversidade xenética

14. Razoa se as seguintes frases relacionadas con teorías sobre a orixe da vida son verdadeiras (V) ou falsas (F): 

• Pasteur demostrou a orixe das células a partir de moléculas orgánicas. F

• O experimento de Miller demostrou a falsidade da xeración espontánea. F

• Oparin propuxo a formación de moléculas orgánicas a partir dos gases atmosféricos. V

15. Explica que é a teoría dos caracteres adquiridos:

Esta teoría explica o lamarkismo. Ten que haber variabilidade, os recursos teñen que ser escasos, a función crea o órgano, as características hérdanse. Hai evolución gradual.

16. Razoa en función de se consideras correctas ou incorrectas as seguintes frases: 

• A evolución humana é un proceso lineal. Non é lineal, representase en árbores filoxenéticas 

• O xénero Homo pertence á orde dos primates. Si

• Os australopitecos considéranse prehomínidos porque non eran bípedos. Non, eran bípedos 

• Mentres que Homo ergaster se localiza en África, Homo erectus dispersouse máis alá. Si

17. O deseño intelixente é presentado aos seus seguidores como unha alternativa ao neodarwinismo. Marca a única frase certa sobre as teorías da orixe da vida: 

• Os coacervados son agrupacións moleculares precursoras das células actuais. Si

• Aristóteles refutou a teoría da xeración espontánea, baseada na intervención divina. Non, afirmouna

• A teoría da panspermia di que a unión de moléculas orgánicas ocorreu en zonas arxilosas. Non, a teoría di que a vida proven do espazo exterior 

• Redi demostrou que son os microorganismos do aire os que descompoñen os medios de cultivo. Non, demostrou que as moscas descompoñense na carne 

18. O deseño intelixentre non formula hipóteses contrastables, nin cumpre os requisitos do método científico polo que és considerado unha pseudociencia. Analiza o experimento de Miller e contesta: 

• Que teoría quería demostrar experimentalmente Stanley Miller? A teoría de oparin    

• Que medio utilizou para simular o océano primitivo? Utilizou unha botella que lle meteu auga

• Que gases utilizou para reproducir a atmosfera primitiva? Hidróxeno, CO2, CH4

• Como simulaba os raios producidos na atmosfera? Con descargas eléctricas

• Que moléculas se formaron neste experimento? Moléculas orgánicas (aminoácidos)

19. Os creacionistas negan especialmente a evolución humana, realizando unha interpretación literal da Biblia. Marca das seguintes frases a única correcta: 

• O descubrimento de fósiles axudou a reforzar a idea do fixismo. Nega o fixismo

• Carl von Linneo foi un botánico que propuxo a teoría do catastrofismo. Cuvier

• George Leclerc expuxo a primeira teoría naturalista na que se basearían Darwin e Lamarck. Si

• A diversidade biolóxica é o resultado das creacións producidas despois de cada extinción Resultado das mutacións 

20. LUCA intenta explicar a diversidade actual de familias, xéneros e especies, mentres que as novas teorías evolucionistas tratan de explicar a variabilidade intraespecie. Que diferenza hai entre as teorías do neodarwinismo e o equilibrio puntuado ou saltacionismo?

O saltacionismo vai a saltos metres que o equilibrio puntuado é lineal

21. Actualmente só se pode especular sobre as características que puido ter LUCA; así mesmo, no pasado, sen o coñecemento en bioloxía molecular actual era moito máis difícil coñecer a filoxenética das especies. Marca a única frase correcta: 

• Segundo o darwinismo os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse. F, lamarkismo

• A teoría de evolución postula que a maior illamento xeográfico maior cambio evolutivo. V

• Os órganos análogos son aqueles cunha estrutura semellante, pero con funcións diferentes. F, estrutura diferente e función semellante

• A maior diferenza na secuencia de nucleótidos de ADN entre especies, maior é o parentesco. F, menor parentesco









Comentarios

Entradas populares de este blog

Tema 5: fecundación in vitro

Proyecto: Alexander Fleming y la penicilina

Tema1: Artículo periodístico