Actividades: Tema 4
1) Resume nun decálogo os hábitos saudables que se mencionan nos
apuntes de clase.
-Seguir unha dieta equilibrada e variada: baixa en graxas, e rica en fibra
e alimentos con vitaminas como froitas e verduras frescas.
-Recomendable beber 2l de auga.
-Comer 5 veces ao día
- Hixiene para evitar enfermidades infecciosas dos aparellos
dixestivo, respiratorio e urinario
- Facer exercicio físico
-Non consumir alcohol nin drogas
- Prever infeccións
- Visitas médicas para revisión periodicamente
- Evitar situacións de risco e utilizar precaución en actividades de risco
- Reducir as situacións de tensións
- Hixiene íntima
2) Explica moi brevemente en que consisten as seguintes especialidades
cirúrxicas:
a) Cirurxía plástica: especialidade médica que consiste en
mellorar ou corrixir anormalidades. Pode ser reparadora (restaurar unha lesión)
ou estética (correccións estéticas)
b) Neurocirurxía: especialidade médica que se encarga da cirurxía de
determinadas enfermidades do sistema nervioso.
c) Cirurxía pediátrica: especialidade médica que se encarga da cirurxía
no período da vida entre o nacemento e ate o final da adolescencia.
d) Cirurxía intrauterina: especialidade
médica que se encarga de realizar unha cirurxía ao feto dentro do útero da nai.
e) Colonoscopia: exame no interior do colon mediante unha cámara
cunha sonda.
f) Cirurxía maxilofacial: especialidade médica que se centra en
problemas relacionados coas estruturas da cara, cranio, cabeza e cuello. Estuda,
prevén, diagnóstico e tratamento.
g) Cirurxía vascular: especialidade médica encargada das
enfermidades do sistema arterial.
h) Gastroscopia: é unha exploración que permite visualizar o tubo
dixestivo.
3) O mapa mostra a esperanza de vida ao nacer dos habitantes de distintos
países do planeta. A gráfica, por outra banda, indica a evolución deste
parámetro en España.
a) Identifica os lugares con maior e menor esperanza de vida.
Con maior esperanza de vida son Canadá, Francia e Suecia. E con menor
esperanza de vida son Angola, Zambia e Zimbawe.
b) Globalmente, a esperanza de vida ao nacer aumentou bastante durante o
século XX. Interpreta a desigual distribución deste aumento que se pode apreciar
neste mapa.
Polo estilo de vida nos paises, nos servizos de saúde.
c) Explica as razóns específicas da baixa esperanza de vida dos seguintes
paises: Afganistan e Sudáfrica:
O sistema de saúde é moi malo nos dous países. A porcentaxe de médicos é
moi baixa e as taxas de enfermidades moi altas.
d) Realiza a búsqueda en Internet de: “esperanza de vida ao nacer banco
mundial” e consulta os datos por países que aparecen alí. Por que paises do sur
de África como Zambia, Zimbawe e Swazilandia reduciron a súa esperanza de vida
nos anos 90 do século pasado?
Polas enfermidades que hai.
A maioría da xente non sobreviven a estas infeccións e a xente que sobrevive
queda con secuelas.
e) Escribe os datos da EV
mundial en 1970, 1980, 1990, 2000 e 2010.
1970→→→ 58,58 anos
1980→→→ 62,842 anos
1990 →→→ 65,433 anos
2000→→→ 67,549 anos
2010 →→→ 70,557 anos
f) Por que a EV dos homes
adoita ser menor que o das mulleres?
Polo estilo de vida que
levan a nivel profesional e por causas biolóxicas.
g) Por que en España
reduciuse a EV masculina durante os anos 30 do século XX?
Pola Guerra Civil española.
4) Tendo en conta o
gráfico e a táboa, responde as cuestións seguintes:
a) Fai unha breve
descrición das 5 primeiras causas de defunción.
1. A cardiopatía isquémica
prodúcese cando as arterias que van ao corazón obstrúense, polo que non chega o
fluxo sanguíneo.
2. O accidente cerebrovascular
ocorre cando a sangue non chega a unha parte do cerebro. As células cerebrais
poden morrer xa que non che chegan
osíxeno nin nutrientes polo que pode causar a morte.
3. As infeccións respiratorias
son infeccións que ocorren no aparato respiratorio.
4. O EPOC é unha
enfermidade pulmonar que causa a obstrución do aire dos pulmóns.
5. Os cancros pulmonares
son enfermidades no que as células malignas duplícanse. Pódese estender por
todo o corpo.
b) Razoa cales crees que están en ascenso e
cales en descenso.
En ascenso a cardiopatía
isquémica , accidentes cerebrovasculares... En descenso as afeccións neonatales,
enfermidades diarreicas...
c) Indica as razóns da
existencia destas diferenzas
Nos países menos desarrollados
as condicións de hixiene son escasa por iso as infeccións. Mentres que nos países
máis desarrollados a hixiene é moito maior.
d) Propón actuacións que
se deberían levar a cabo en cada un destes dous casos para mellorar a esperanza
de vida.
- Mellorar os sistema
sanitario
-Mellorar os hábitos de
vida e a hixiene
5) Na gráfica está
representada a resposta inmune primaria (primeira exposición ao antíxeno)
fronte á secundaria (segunda ou sucesivas exposicións ao mesmo antíxeno).
a) Que é un antíxeno?
É calquera substancia que
provoca anticorpos no sistema inmunitario para vencerse a si mesmo.
b) Sinala as diferenzas
entre as dúas respostas.
Na primeira resposta os
anticorpos son moi baixos mentres que na segunda resposta os anticorpos son moi
elevados.
c) En que consiste a
memoria inmunolóxica?
Consiste en recoñecer o
antíxeno que hai no corpo e iniciar unha resposta inmunitaria.
d) Por que son necesarias
as vacinas de recordo?
Para crear anticorpos
e) A partir desta gráfica,
explica a base científica da vacinación.
O corpo loita contra a
vacina creando así anticorpos e adquire unha memoria inmunolóxica.
f) Na actualidade, algúns
pais (asesorados por movementos antivacinas) non vacinan aos seus fillos por
temor aos efectos secundarios da súa administración, o que fixo que aparezan de
novo casos de enfermidades graves case erradicadas. Argumenta se é responsable
esta actitude.
Non é responsable xa que
non hai ningún argumento para non vacinarse. Todo o contrario é mellor
vacinarse para así converter algunha enfermidade da mellor maneira posible e
sen tantos síntomas.
g) Razoa se esta resposta
inmune é específica
Si, xa que son utilizadas
para determinados patóxenos e unha vacina non vai a ser efectiva para unha
enfermidade que non está relacionada con ela.
Comentarios
Publicar un comentario